Se ha publicado en el DOG nº 217 del 05-11-2009. resolución del 29 de octubre de 2009 del tribunal designado para juzgar el proceso selectivo para el ingreso en el cuerpo de gestión de la Administración de la Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de técnica de inspección de consumo por la que se da publicidad al número total de respuestas acertadas para obtener la calificación de aprobado

Primeiro.-Para o sistema de promoción interna, o número total de respostas acertadas para obter a cualificación de aprobado (10 puntos) virá dado polo número de respostas acertadas que teña o aspirante que quede clasificado na posición cuarta (4ª) nunha escala establecida entre o aspirante de máis respostas acertadas e o de menos. Se houbese varios aspirantes con igual número de respostas acertadas que o que ocupe o posto número 4, entenderase que todos eles estarán aprobados. Para os efectos do dito ata agora enténdese como respostas acertadas as que queden despois de deducir as respostas incorrectas, tal e como establece a base II.1.1.

Segundo.-Para o sistema de acceso libre, o número total de respostas acertadas para obter a cualificación de aprobado (10 puntos) virá dado polo número de respostas acertadas que teña o aspirante que quede clasificado na posición quincuaxésima (50ª) nunha escala establecida entre o aspirante de máis respostas acertadas e o de menos. Se houbese varios aspirantes con igual número de respostas acertadas que o que ocupe o posto número 50, entenderase que todos eles estarán aprobados. Para os efectos do dito ata agora enténdese como respostas acertadas as que queden despois de deducir as respostas incorrectas, tal e como establece a base II.1.1

PDF

Add A Comment